Aproximación metodológica a la implantación del gemelo digital en buques

  1. Ferreño González, Sara
Dirixida por:
  1. Vicente Díaz Casás Co-director
  2. Marcos Míguez González Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 13 de xuño de 2022

Tribunal:
  1. Jerónimo Antonio Esteve Pérez Presidente
  2. Pablo Fariñas Alvariño Secretario/a
  3. Pilar Caamaño Sobrino Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 729433 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

No camiño da transformación dixital do sector marítimo cara o que se denominou como Industria 4.0 pódese identificar un elemento chave: o xemelgo dixital. Un xemelgo dixital é un modelo virtual dun produto ou dun proceso, co cal mantén un constante intercambio de información e que permite replicar o comportamento do sistema real, adaptarse aos cambios e propor melloras nel. O xemelgo dixital do buque conforma un entorno dixital que reúne toda a información existente (tanto de deseño coma de operación) e dótaa de coherencia e estrutura para conformar un conxunto con capacidades superiores á agregación de cada unha das partes de xeito individual. Nesta tese de doutoramento proponse unha metodoloxía para o desenvolvemento e a implantación do xemelgo dixital do buque. Proporase a aplicación práctica a sistemas reais do buque, abordando aspectos como: a adquisición de datos dende o sistema físico, o desenvolvemento de modelos de simulación dos sistemas ou o uso de algoritmos baseados en intelixencia artificial que permitan avanzar no camiño cara un xemelgo dixital intelixente.